Comercio de Narón

Bases da acción

Os establecementos (mesóns, bares, e restaurantes) interesados en participar nesta acción, deberán inscribirse antes do día 22 de Decembro enviando correo electrónico con os seus datos (nome, nif, enderezo, tlf) a: nadal2011(arroba)comerciodenaron(punto)es.

No momento de inscribirse, enviarán unha fotografía co nome de cada unha das tapas coas que participan. Poderán inscribir un máximo de 3 tapas por establecemento.

O día 22 farase pública a lista na web www.comerciodenaron.es, e no facebook de Eventi.

As tapas poderán ofrecerse de balde aos clientes, ou por un prezo non superior a 3 euros. No caso de ser de balde, quedará a criterio do establecemento con qué consumición ofrecelas.

O xurado poderá degusta-las tapas de balde, únicamente no momento de facer a valoración.

Na valoración do xurado tomaranse en conta os seguintes puntos:
- Orixinalidade (presentación ambientada no Nadal)
- Presentación visual xeral
- Sabor
- Dificultade
- Prezo

Premios:
1º premio: 200 euros
2º premio: 100 euros
3º premio: 50 euros

Para a valoración seguirase o seguinte criterio:

  • Por votos recibidos no facebook, sumados os recibidos polo total das fotos das tapas de cada establecemento: 3 puntos para o 1º establecemento con máis votos recibidos, 2 puntos para o 2º, 1 punto para o 3º.
  • Por valoración do Concellal de Promoción Económica do Concello: 3 puntos para o mellor valorado, 2 puntos para o 2º, e 1 punto para o 3º.
  • Por valoración do Alcalde de Narón: 3 puntos para o mellor valorado, 2 puntos para o 2º, e 1 punto para o 3º.
  • Por valoración dun membro da Asociación de Hostalería ou, no seu lugar, dun profesional do sector, totalmente alleo aos establecementos participantes: 3 puntos para o mellor valorado, 2 puntos para o 2º, e 1 punto para o 3º.
  • Por valoración de Eventi: 3 puntos para o mellor valorado, 2 puntos para o 2º, e 1 punto para o 3º.

Os votos do Facebook recolleranse o día 9 de Xaneiro. O percorrido dos membros do xurado farase ao longo da campaña (avisarase con antelación), valorando cada establecemento en cada visita. Os 3 gañadores daranse a coñecer públicamente no sorteo de premios do día 12 de Xaneiro de 2011 que terá lugar no Concello de Narón, e na web www.comerciodenaron.com

Desta maneira, o día 12 de xaneiro de 2012 (ou o día 13 no caso de non poder o día 12), realizarase a entrega oficial de premios no Concello de Narón, onde se fará entrega aos premiados dos premios en metálico de 200€, 100€ e 50€ que corresponden respectivamente co primeiro, segundo e terceiro premio do concurso de tapas.

Eventi - © Comercio de Narón