Comercio de Narón

noticias

Remata a campaña "En Nadal, comercio de Narón"

Publicado por Administrator (admin) el Jan 11 2012
noticias >>

premiadosO Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o Concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, entregaron hoxe os premios correspondentes á campaña de apoio ó pequeno comercio e hostelería de Narón, desenvolvida ó longo das últimas catro semanas (do 12 de decembro de 2011 ó 10 de xaneiro de 2012).

Esta iniciativa tivo tres vertientes diferenciadas: a promoción do comercio (a través dun sorteo de premios no que participaron os clientes que mercasen en alomenos tres establecementos diferentes, reuníndose un total de 12.945 papeletas), a implicación dos comerciantes nesta campaña (mediante un concurso de ambientación navideña dos seus negocios) e a potenciación da hostalería (cun concurso de tapas no que participaron 4 establecementos).

Así, hoxe elexíronse por sorteo os gañadores dos premios que se sorteaban entre os 76 establecementos comerciais adheridos á campaña. O primeiro premio, consistente nunha viaxe para dúas persoas no tren turístico de FEVE, foi para Dolores Lamas Viveiro, de Narón, mentres que o segundo, un cheque por valor de 1.000€ para gastar nestos establecementos, recaeu en Mª Mercedes Gómez Fernández, tamén de Narón.

Ademáis, premiáronse os mellores escaparates navideños, resultando gañadores os seguintes establecementos: Mi Nené (1º premio), Optica Valero (2º) e Telemática Galicia (3º), que recibiron un agasallo económico de 200€, 100€ e 50€ respectivamente.

No apartado correspondente á hostalería, entregáronse os premios correspondentes ó I Concurso de Tapas, que se serviron xunto coa consumición nos catro establecementos participantes. O xurado decidíu que todos eles eran merecedores dos premios, polo que o 3º foi compartido entre o Restaurante A Trasanquesa e o Café Ronxel II, o 2º foi concedido a Casa Sindo, e o 1º premio foi para o Mesón O Pío.

Os representantes da Asociación de Comerciantes de Narón e da Asociación de Hostalería de Ferrolterra, Eume e Ortegal agradeceron ó Concello o apoio prestado na promoción do comercio e da hostelería local. Pola súa banda, o Alcalde e o Concelleiro de Promoción Económica coincidiron en sinalar que estas accións de respaldo ó comercio e á hostelería continuarán realizándose ó longo deste ano.
 

Ultimo cambio: Jan 11 2012 a las 15:44

Volver

Eventi - © Comercio de Narón