Noticias de Narón

Noticias de Narón

página de noticias

Proposta de actividades para esta fin de semana

Apr 06 2018 Administrador

Recollemos a proposta de actividades do noso Concello para esta fin de semana do 6, 7 e 8 de abril de 2018.

Recollemos a proposta de actividades do noso Concello para esta fin de semana do 6, 7 e 8 de abril de 2018.

Venres 6 de abril de 2018:

Actividade: La cantante calva

Hora: Ás 20.30

Lugar: Pazo da Cultura

A compañía Lázaro Producciones trae a Narón esta peza do teatro contemporáneo. No elenco están, entre outros, Adriana Ozores, Fernando Tejero e Javier Pereira. O prezo das entradas é de 20 euros para o público xeral e de 14 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

----

Sábado 7 de abril de 2018:

Actividade: Xornada técnica de control da vespa velutina

Hora: A partir das 9.30

Lugar: Local social de Sedes

O Concello de Narón e a delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura (AGA) organizan esta convocatoria, aberta á participación da cidadanía en xeral.

Actividade: Ismael Serrano: “20 años. Hoy es siempre”

Hora: Ás 20.00

Lugar: Pazo da Cultura

O cantautor madrileño dará un concerto no Pazo, interpretando temas inéditos e recoñecidas versións doutros cantautores. O prezo das entradas é de 18 euros para o público xeral e de 12,60 para o resto.

Ultimo cambio: Apr 06 2018 a las 12:57

noticias de Narón