Noticias de Narón

Noticias de Narón

página de noticias

Concentración Fojeteiros y programa de actividades

May 31 2018 Administrador

Relación de eventos e actividades desta fin de semana, con especial importancia da concentración moteira organizada por Fojeteiros.

programa concentración FojeteirosXoves 31 de maio de 2018

Actividade: Eurípides

Hora: Ás 20.30

Lugar: Auditorio municipal

O alumnado de primeiro curso da Escola Municipal de Formación de Actrices e Actores do Padroado da Cultura de Narón representará a obra Eurípides, dirixida por Pepablo Patinho. A cita enmárcase nas Mostras de Fin de Curso da Escola de Teatro de Narón e a entrada é de balde.

Venres 1 de xuño de 2018

Actividade: XIII Concentración moteira Cidade de Narón

Hora: A partir das 18.00

Lugar: Paseo marítimo de Xuvia

O Concello e o Moto Club Fojeteiros de Narón organizan este evento, que reunirá na cidade a milleiros de afeccionados ao mundo do motociclismo. Adxúntase o programa detallado co horario para os tres días da convocatoria e tamén coas rutas completas das xornadas do sábado e o domingo.

Sábado 2 de xuño de 2018

Actividade: XIII Concentración moteira Cidade de Narón

Hora: De 9.00 a 00.30

Lugar: Paseo marítimo de Xuvia/ Ruta mototurística pola comarca


Actividade: XXV Torneo de Balonmán Cidade de Narón

Hora: De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00

Lugar: Pavillón polideportivo da Gándara

O Club Balonmán Narón e o Concello organizan este evento deportivo, no que participarán, ademais do citado clube local, os clubes de balonmán Altántico, da Coruña, o Ferrolterra e o Pontedeume.


Actividade: Festival fin de curso das Escolas de Bailes de Salón

Hora: A partir das 17.00 e cun segundo pase ás 19.30

Lugar: Pazo da Cultura

As últimas entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo da Cultura.

Domingo 3 de xuño de 2018

Actividade: XIII Concentración moteira Cidade de Narón

Hora: De 10.00 a 16.00

Lugar: Paseo marítimo de Xuvia/Ruta mototurística


Actividade: Festival fin de curso das Escolas de Música e Baile Tradicional

Hora: A partir das 16.30 e a desde as 18.30

Lugar: Pazo da Cultura

A primeira hora actuará o alumnado do Recuncho dos Pequechos e das escolas de Zanfona, Acordeón e Danza e Percusión. A partir das 18.30 será o turno do alumnado do Obradoiro de Construción de Instrumentos, e dos grupos de Baile e Pandeireta. As últimas entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo da Cultura.


Actividade: Cooperativismo en movemento: A tropa do doutor Milagre

Hora: A partir das 19.00

Lugar: Praza de Galicia (no caso de mal tempo o espectáculo trasladarase ao Auditorio municipal, tamén na Praza de Galicia)

O Concello de Narón é un dos seis de Galicia que participan no programa Cooperativismo en movemento 2018, impulsado polo Consello Galego de Cooperativas. A convocatoria é de balde e diríxese ao público familiar.

Ultimo cambio: May 31 2018 a las 16:31

noticias de Narón