Noticias de Narón

Noticias de Narón

página de noticias

Aviso de cortes de tráfico venres pola tarde

Jun 15 2017 Administrador

Cortes de tráfico en varios viais de Narón mañá pola tarde con motivo do “XXX Rallye Cidade de Narón”

mapa cortesCortes de tráfico en varios viais de Narón mañá pola tarde con motivo do “XXX Rallye Cidade de Narón”

O concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, anunciou que mañá pola tarde, a partir das 18.00 horas, permanecerán pechados ao tráfico rodado varios viais da cidade debido á celebración do tramo urbán do “XXX Rallye Cidade de Narón”. Ata a finalización das probas previstas para mañá pola tarde non se poderá circular pola Rúa Rafael Bárez –no tramo comprendido entre a Rúa Eire e a Bispo Argaya-; a Bispo Argaya –entre a Rafael Bárez e a Estrada da Gándara-; a rúa María Casares; o vial Amalia Fraguela e a rúa San Xosé Obreiro –entre as rúas García Sabell e Vilar Ponte-.
    Así mesmo, esta proba deportiva tamén implicará desvíos na circulación nas rúas que se comunican coas anteriormente indicadas, polo que desde a Policía Local recoméndase ao público asistente que teña en conta estas restriccións para evitar posibles retencións ou atascos na zona. Desde a Concellería de Seguridade Cidadá recoméndase acudir coa suficiente antelación e buscar estacionamento fóra dos viais afectados polo paso dos vehículos que participan nesta edición do rallye.
    O edil de Seguridade Cidadá pediu desculpas á veciñanza polas posibles molestias que ocasionen estas medidas. Sánchez Fojo solicitou ademais a todas as persoas que acudan a ver a proba a máxima colaboración coa organización do “Rallye Cidade de Narón” e coas forzas de seguridade, atendendo ás súas indicacións, para que o evento, que congregará esta fin de semana na cidade a centos de afeccionados ao mundo do motor, se desenvolva sen incidencias.
 

Ultimo cambio: Jun 15 2017 a las 16:25

noticias de Narón