Noticias de Narón

Noticias de Narón

página de noticias

Aviso de corte de auga en Narón

Oct 18 2017 Administrador

A empresa Cosma cortará o xoves o subministro de auga ás parroquias de San Mateo e O Val para realizar tarefas de mantemento nun depósito

corteA empresa Cosma cortará o xoves o subministro de auga ás parroquias de San Mateo e O Val para realizar tarefas de mantemento nun depósito
   
O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, informou sobre un corte no subministro de auga que afectará dende o vindeiro xoves, día 19, ata o venres 20 ás parroquias de San Mateo e O Val. A empresa Cosma procederá a cortar o subministro entre as 20.00 horas do xoves e as 8.00 do venres, tal e como se contempla nas previsións, según apuntou o edil.
A medida responde á necesidade de levar a cabo tarefas de mantemento no depósito co que se abastece a estas parroquias, unhas actuacións que obrigan a realizar o corte. O concelleiro responsable da área explicou ao respecto que os traballos a realizar responden ao protocolo de autocontrol de abastecemento aprobado pola Consellería de Sanidade. Así mesmo, Santalla indicou que as actuacións previstas se realizarán en horario nocturno, para así minimizar as posibles molestias ocasionadas nas vivendas e nos negocios localizados nestas dúas parroquias do municipio.
O edil de Servizos pediu desculpas á veciñanza afectada por esas posibles molestias que poida ocasionar este corte no subministro de auga.

Ultimo cambio: Oct 18 2017 a las 11:18

noticias de Narón