Noticias de Narón

Noticias de Narón

página de noticias

Actividades programadas para esta fin de semana

Apr 13 2018 Administrador

Actividades programadas para esta fin de semana no noso concello:

Estas son as actividades programadas para esta fin de semana no noso concello:

Venres 13 de abril de 2018

Actividade: Estrazalonia
Hora: Ás 17.30 e 18.30 (dúas quendas)
Lugar: Local social do Val

A compañía O baúl da tía Tola protagoniza este espectáculo, enmarcado no programa Apego e impulsado a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón.

---

Actividade: Algo pasa con Paco
Hora: Ás 20.30
Lugar: Auditorio municipal

A asociación teatral naronesa O Aturuxo de Melpómene estrea esta obra teatral, na que colaboran o Padroado da Cultura, a Federación Galega de Teatro e a Deputación da Coruña. As entradas son de balde.

Sábado 14 de abril de 2018

Actividade: IX Feira Multisectorial Agrícola
Hora: De 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00
Lugar: Recinto feiral do Trece (Sedes)

No exterior do recinto feiral haberá unha exposición de maquinaria agrícola, se ben no interior poderanse adquirir unha gran variedade de produtos do campo, plantas da horta e ornamentais, cestería, aves, árbores frutais… Tamén haberá obradoiros de plantación dirixidos ás nenas e nenos e un obradoiro de poda, todos de balde; agasallos, música…

---

Actividade: A orella pendella
Hora: A partir das 10.30
Lugar: Escola Infantil Municipal da Solaina

Esta actividade, de Migallas Teatro, está tamén enmarcada no programa Apego, e impúlsase a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón. Diríxese ao profesorado das escolas infantís municipais da Solaina, A Gándara e Piñeiros e da Galiña Azul. Os mestres aprenderán unha serie de xogos e cancións coas que poder traballar despois nas aulas.

----

Actividade: Liga Impact Modern
Hora: A partir das 10.30
Lugar: Local social do Alto

O Concello e a Asociación Cultural Impact organizan este evento, no que se estima a participación duns oitenta xogadores procedentes de concellos galegos e doutras comunidades, como Asturias ou Castela León.

----

Actividade: Ofrendas florais aos represaliados da Ditadura
Hora: A partir das 12.00
Lugar: Cemiterios do Val, San Mateo e inmediacións do Pazo da Cultura

O Concello e a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática organizan esta ofrenda floral para homenaxear, con motivo do aniversario da proclamación da II República, ás persoas represaliadas da Ditadura. A primeira ofrenda será ás 12.00 no cemiterio do Val, a segunda ás 12.30 no de San Mateo e a terceira ás 13.00 xunto á árbore de Gernika plantada fronte ao Pazo da Cultura.

---

Actividade: Campionato galego de Duatlón e Paraduatlón
Hora: A partir das 14.15
Lugar: Polígono industrial de Río do Pozo (inmediacións do clube de Pádel)

O Concello e a Agrupación Deportiva Náutico de Narón organizan este evento, no que participarán máis de trescentos deportistas de vinte e cinco clubes de Galicia.

---

Actividade: XVI Certame de Habaneras de Narón
Hora: A partir das 17.30
Lugar: Auditorio municipal

A Coral da Sociedade Cultural Areosa, o coro Son Astur, de Oviedo, as rondallas de Cariño e Perla del Río, de Fene, actuarán neste certame, organizado polo Padroado da Cultura de Narón e a Asociación Cultural Areosa, de Piñeiros.

Domingo 15 de abril de 2018

Actividade: IX Feira Multisectorial Agrícola
Hora: De 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00
Lugar: Recinto feiral do Trece (Sedes)

---

Actividade: Patapatúm
Hora: A partir das 18.00
Lugar: Pazo da Cultura

A compañía Elefante Elegante protagoniza este espectáculo de teatro xestual. As entradas teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral; 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e 5,50 para menores de 14 anos.

Ultimo cambio: Apr 13 2018 a las 12:53

noticias de Narón