Pegadas: camiños seguros

Camiños Seguros é un proxecto do equipo de Educación Viaria do Concello de Narón

¿QUÉ SON OS CAMIÑOS SEGUROS?

Unha iniciativa do Concello de Narón pensada para que os nenos e nenas de educación infantil e primaria acudan de forma autónoma ó colexio, xa que a cidade ofrece boas condicións de uso e seguridade. Esta posibilidade ofrécelles aos rapaces e rapazas autonomía, madurez e responsabilidades propias da súa idade, permitindo que os valores inculcados na aula sobre a educación vial non queden só alí e se integren no contexto diario, e que poidan adoptar bos hábitos de comportamento na rúa.

 

¿CÓMO VAN AO COLE?

Van camiñando, en bicicleta ou patinete, sós ou en compañía de adultos ou doutros escolares cos que se van atopando nos diferentes puntos de encontro que se atopan ó largo de cada itinerario.

Este itinerario concreto deseñado polo Equipo de Educación Viaria pola súa idoneidade deberá ser indicado polos pais, nais ou titores os primeiros días, axudándolles a comprender as mensaxes dos sinais viarios tanto verticais como horizontais que se colocarán para a indicación de cada itinerario.

 

BASES CATÁLOGO CAMIÑOS ESCOLARES SEGUROS PARTICIPANTES

Poderán participar no catálogo de puntos todolos nenos e nenas de calquera idade que acuda ao colexio camiñando,en bicicleta ou en patinete polos caminos escolares sinalizados ao efecto. Todolos participantes deberán anotarse no seu propio centro escolar.

 

FORMA DE OBTELOS PUNTOS

  • Se asinará 1 punto = 1 pegada por cada día que o neno ou nena acuda o colexio camiñando. bicicleta ou patinete e este pase a pulseira polo punto do check point  que esta situado a entrada de cada colexio.
  • Estes puntos poderán ser canxeados posteriormente por descontos ou agasallos que se poden ver no catálogo de puntos na páxina www.comerciodenaron.es. www.pegadas.naron.es
  • Unha vez acadados o puntos desexados para o canxe terase que acudir ao comercio elexido, salvo aqueles  regalos  que estan especificamente indicados  no catalogo para os cales se canxearan a traves da oficina de Educación vial do Concello de Narón.
  • Unha vez canxeados os puntos estos restaran ao total de pegadas que o neno ou nena leven acumulados ata esa data..
  • Hai  un número limitado de premios para cada número de pegadas, polo que unha vez esgotados se poderán canxear as pegadas por outros agasallos de similar valor do catalogo.

 

 

Catálogo de Pegadas:
¡¡¡EY MEU, VISITA ESTA PÁXINA A DIARIO, PORQUE AÍNDA ESTAMOS METENDO NOVOS PREMIOS !!!