O Concello promove o programa ‘Horta de Narón 2014’ no que se poderán degustar o Pemento do Couto e o Tomate Negro de Santiago, nos locais de hostalería do 10 ó 19 de xullo

Logo da exitosa experiencia do “Entroido 2014”, celebrado o pasado mes de febreiro dentro do programa “Narón Gastronómico”, a Concellería de Promoción Económica de Narón vai desenvolver o vindeiro mes de xullo a iniciativa “Horta de Narón 2014”, que foi presentada hoxe en rolda de prensa polo Alcalde de Narón, José Manuel Blanco Suárez, e o Concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar.

Os obxectivos desta nova acción do ‘Narón Gastronómico’ son “a posta en valor dos productos gastronómicos locais, concretamente o Pemento do Couto e o Tomate Negro de Santiago, e a colaboración cos establecementos de hostelería de Narón” tal e como indicou o Concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar. Este programa conta tamén co respaldo da Cooperativa de O Val, como principal productora de ambos productos.

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, destacou a promoción que estase a realizar do Pemento do Couto dende Narón ó resto de Galicia. “Queremos seguir traspasando fronteiras e agora que o Pemento do Couto xa é coñecido en toda a provincia, queremos trasladar a promoción a outros lugares” sinalou o Alcalde, en referencia a un Showcooking deste producto nun recoñecido restaurantes de Pontevedra.

O programa Horta de Narón contará coas seguintes actividades:

Ruta Gastronómica Horta de Narón

Consistirá nunhas xornadas de degustación de tapas que terán como ingredientes, como mínimo, algún destes dous productos e que se celebrarán do 10 ao 19 de xullo nos establecementos de hostalería do municipio de Narón. Nelas poderán participar todos os negocios do sector radicados en Narón,  previa inscrición no teléfono 981 337 700 (Ext.1204) e no correo electrónico narongastronomico(arroba)naron(punto)es . O prazo de inscrición está xa aberto e rematará o xoves 26 de xuño.

Os establecementos participarán con unha ou varias tapas, que se servirán nas datas antes sinaladas de 13:00 a 15:00 horas e de 20:00 as 22:00 horas. Os negocios que o desexen poderán alongar os horarios e ofrecer as tapas durante máis tempo.

As tapas serán gratuítas, de libre creación e estarán elaboradas con productos de calidade, tendo que incluír necesariamente o Pemento do Couto ou o Tomate negro de Santiago, ou ambos á vez, tratando de exaltar o sabor e propiedades destas dúas hortalizas.

Sorteo de cestas

As persoas que se acheguen aos establecementos inscritos nas xornadas poderán participar no sorteo de cestas con productos da horta (habéra tantas cestas como negocios participantes nas xornadas) se consumen a tapa típica da ruta e depositan o cupón cos seus datos na urna correspondente.

Tamén sortearanse unha visita a unha adega e dúas estancias para dúas persoas nunha casa de turismo rural.

Todos os hostaleiros que participen no Concurso disporán dunha urna e tarxetas para que os seus clientes poidan participar no sorteo.

A organización achegará aos establecementos participantes con suficiente antelación os carteis promocionais do concurso, os trípticos informativos, as urnas e os cupóns para colocar nos seus negocios á vista do público durante as datas que duren as Xornadas.

Showcooking en Pontevedra (Restaurante Eirado da Leña)

Para proxectar e dar a coñecer os produtos da terra fóra da comarca, o día 17 de xullo farase unha presentación Showcooking con degustación posterior do Pemento do Couto e o Tomate Negro nun dos restaurantes máis emblemáticos de Pontevedra: “Eirado da Leña”, propiedade do chef Iñaki Bretal.

Membro da prestixiosa asociación culinaria galega ‘Grupo Nove’, Bretal é un dos cociñeiros con máis proxección e mellor posicionado no sector.  Con motivo da iniciativa “Horta de Narón 2014”, elaborará creacións exclusivas e innovadoras a base destas dúas hortalizas do campo naronés, seguindo coa iniciativa desenvolvida o ano pasado, na que se fixo un showcooking no restaurante compostelán Casa Marcelo.

Festa do Pemento

“Horta de Narón” rematará o domingo 20 de xullo coa tradicional Festa do Pemento, na que se dan cita, produtores, comercializadores, establecementos de hostalería e público en xeral para exaltar, poñer en valor e gozar desta deliciosa hortaliza.

O Pemento do Couto e o Tomate Negro de Santiago

O Pemento do Couto e o Tomate Negro de Santiago son dous productos locais de gran calidade que actualmente cultiva e comercializa a Cooperativa do Val, na súa aposta pola recuperación e posta en valor de variedades autóctonas.

A Cooperativa produce desde hai anos o Pemento do Couto, unha hortaliza xa consolidada na mercado, que conta coa Indicación Xeográfica Protexida e que se caracteriza polo seu excelente sabor e propiedades, entre elas a de que non pica.

Continuando polo camiño da recuperación e revalorización das hortalizas locais, desde o ano pasado a Cooperativa do Val produce o Tomate Negro de Santiago, un tomate cun alto grao de azúcares e acidez e excelente sabor que se está introducindo pouco a pouco con moito éxito.

Con estes dous produtos, a cooperativa do Val quere chegar ao consumidor que busca produto galego de calidade, cansado das variedades foráneas.