"Chegar e Encher" é o slogan da campaña de otono 2015 da Asociación de Comerciantes de Narón para promover o pequeno comercio local.

A campaña, que vai dende o 15 de Outubro ao 15 de Novembro divídese en varias accións cada unha delas cunha recompensa para os clientes que fagan as súas compras habituáis no pequeno comercio de Narón.

Así, temos:

Compras semanáis gratuitas:

Por cada compra de máis de 20€ que fagas nos comercios da campaña, entras no sorteo semanal de 2 vales de compra por valor de 50€ cada un canxeables por compra.

IMPORTANTE: os vales deben ir selados por detrás co selo do comercio. Os números premiados publicaranse nesta web. Os vale deben ser canxeados antes do 15 de Novembro. A partir deste día dixan de ser válidos.

Cada semana: 2 compras de 50€

Os paraugas dos 100€:

Si compras algún dos paraugas de edición limitada da campaña (so hai 25 paraugas), por un prezo de 6€, entras no sorteo dun vale de compra por valor de 100€ que deberás canxear en alomenos dous dos comercios da campaña.

IMPORTANTE: os vales deben ir selados por detrás co selo do comercio. O último día de campaña ou cando se rematen os paraugas será cando se faga o sorteo. O número premiado publicarase nesta web. O vale debe ser canxeado antes do 30 de Novembro. A partir deste día dixa de ser válido.

Por un paraugas de 6€ podes gañar 100€ en compras.

Selfie-facebook:

Cada vez que fagas unha compra nalgún dos comercios da campaña, faite un selfie de maneira que se recoñeza fácilmente o comercio. Sube a foto ao Evento do Grupo de facebook do comercio de Narón. De entre todalas fotos, ao remate de campaña elexiremos unha en base ao seguinte criterio:

  • Que se recoñeza fácilmente de qué comercio se trata
  • Que se vexa a compra
  • Que no selfie saia tamén o propietario ou persoal do comercio
  • A viralización da foto: o número de veces que se comparta.
  • E sobretodo, a orixinalidade, simpatía e bon rollo da foto.

O gañador ou gañadora terá como premio 50€ en compras.

Castañas gratis:

Cada venres, O Castañeiro de Neda estará vendendo castañas nunha das zonas de comercio de Narón: Sta Icía, A Gándara, Piñeiros, Xuvia.

Si fas compras no comercio de Narón, podes recibir como agasallo un vale canxeable por un cucurucho de riquísimas castañas asadas. O vale podes canxealo en calquera das ubicacións do posto de castañas.

IMPORTANTE: os vales deben ir selados por detrás co selo do comercio. Estos vales deben ser canxeados antes do 15 de Novembro.


NOVAS / AVISOS:

  • 15/10/2015: Mercería Chandy súmase á campaña
  • 15/10/2015: Dados de alta no novo mapa de localización, os comercios participantes na campaña.
  • 15/10/2015: mañá venres comenzaremos o reparto de cartéis, flyers, papeletas e demáis aos comercios da campaña. Será a partires das 10:30h.
  • 16/10/2015: repartido o material promocional aos comercios, agás 1 que estaba pechado as 3 veces que se pasóu por él.
  • 16/10/2015: incorporacións de última hora: M. Muiño, parafarmacia Andoriña, Lois mercería e centro veterinario Catro Patas. Estos comercios terán o material a partir do luns.
  • 20/10/2015: Este venres, a partires das 16:00h estará a locomotora do Castañeiro de Neda en Freixeiro, preto da rotonda do parque.
  • 20/10/2015: a medida que vaiamos anunciando os puntos dos postos de castañas, poderedes localizalos no mapa. Seleccionades a categoría "Puestos de Castañas" e veredes os puntos. Pulsando sobre eles, veredes a localización exacta e si queredes, en "Trayecto" vos guiamos para chegar a eles dende onde estedes.  :-)

Sorteos da 1ª Semana:

50 euros en compras canxeables en calquera dos comercios da campaña para os clientes que teñan no seu poder, debidamente seladas, as papeletas cos números:

  • 1210
  • 2703

O número 1210 foi entregado en Calzados Mara
O número 2703 foi entregado en Sikna

¡Noraboa aos premiados. Lembramos que teñen ata o 15 de Novembro para canxealos vales.

 

  • E lembramos que hoxe no parque de Freixeiro, preto da caseta de turismo, teremos o posto de castañas, a partires das 16:00 para empezar a asar e servir os primeiros cucuruchos a partires das 16:30 máis ou menos. ¡Bon proveito!
  • Próximos puntos do posto de castañas: A Gándara, Xuvia, Sta Icía. No mapa, donde pon "Todas as categorías", seleccionando "Postos de castañas" poderedes ver a súa localización exacta (alomenos no posto desa semana).

Sorteos da 2ª Semana:

50 euros en compras canxeables en calquera dos comercios da campaña para os clientes que teñan no seu poder, debidamente seladas, as papeletas cos números:

  • 1014
  • 2525

O número 1014 foi entregado en Optica Valero
O número 2525 foi entregado en Optica 826

¡Noraboa aos premiados. Lembramos que teñen ata o 15 de Novembro para canxealos vales.

 

  • 30/10/2015: Vídeo de cómo se fan os sorteos das papeletas, no que se pode ver o sorteo desta semana: ver vídeo
  • 30/10/2015: o martes que ven publicaremos as seguintes localizacións e horarios do posto de castañas.
  • 03/11/2015: IMPORTANTE.- Salvo cambios por mor da climatoloxía, os seguintes puntos do posto de castañas serán:
    - Xoves día 5, a partir das 17:00h aproximadamente, en Xuvia, preto da gasolinera
    - Xoves día 12, a partir das 16:30h aproximadamente, en Sta Icía, preto do kiosko onde se expón o belén.

Sorteos da 3ª Semana:

50 euros en compras canxeables en calquera dos comercios da campaña para os clientes que teñan no seu poder, debidamente seladas, as papeletas cos números:

  • 305
  • 1487

O número 305 foi entregado en Librería Galicia
O número 1487 foi entregado en Tirahilos

¡Noraboa aos premiados. Lembramos que teñen ata o 15 de Novembro para canxealos vales.

 

  •  Xa temos o Ganador do Concurso de Selfies de Facebook. Trátase de SONIA GRANDAL, polo seu selfie en Optica La Gándara. Aquí podedes ver a elección do xurado. E aquí tedes o selfie ganador, que ademáis de reunir máis votos do xurado, foi o segundo más compartido:
    concurso selfie facebook

 

Sorteos da 4ª Semana:

50 euros en compras canxeables en calquera dos comercios da campaña para os clientes que teñan no seu poder, debidamente seladas, as papeletas cos números:

  • 4614
  • 1831

O número 4614 foi entregado en Optica La Gándara
O número 1831 foi entregado en Temadi

¡Noraboa aos premiados. Lembramos que teñen ata o 15 de Novembro para canxealos vales.

 

  •  E o número premiado con 100 euros en compras por ter comprado un dos paraugas promocionáis é o: NÚMERO 16, paraugas vendido por Bioreona. ¡NORABOA!. Si tes este número, ponte en contato con nós antes do 21 de Novembro ben por mail a info@eventi.es ou por tlf ao 607.391.660.
  • MUY IMPORTANTE:
    Prolongamos ata o día 21 o prazo para poder canxear as papeletas premiadas. O portador do número premiado no sorteo dos paraugas, tamén deberá contactar con nós antes dese día 21. LEMBRADE: O DÍA 21 DEIXAR DE TER VALOR OS PREMIOS;XA NON SE CANXEAN
     

ATENCION A COMERCIOS:

Tlf e Whatsapp de atención: 607.391.660. Tamén podedes usar o seguinte formulario:

email address:
Homepage:
URL:
Comment:

*:
:
*:
Solicita:*:   
Verificación:
15 - 6 =  Introduzca el resultado por favor