Extracto Legal

1. Obxectivos da campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”.

A presente campaña ten como obxectivo potenciar o pequeno comercio da localidade de Narón fronte á situación económica actual.
A través de dita iniciativa preténdese dotar ao pequeno comercio de Narón dunha imaxe comercial forte e dunha plataforma de impulso de vendas, que contribúan a paliar a crise latente e atraer o consumo de toda a comarca, dando ao mesmo tempo a coñecer a gran variedade de oferta existente. Ademáis, preténdese crear e promover un espíritu navideño e xerar ilusión e sentimentos positivos nos cidadáns e mesmo nos propios establecementos
Por outra banda e a través dos premios, preténdese dotar aos afortunados dun impulso ás súas economías.

2. Vixencia da campaña

A campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”, abarca do 1 de Decembro de 2014 ao 6 de Xaneiro de 2015 e desenvolverase nos establecementos adscritos á mesma; poidendo ser prorrogada de común acordo entre patrocinador (Concello de Narón) e a empresa xestora (Eventi). Colabora nesta Campaña a Asociación de Comerciantes de Narón, organizando una serie de actividades paralelas para os seus asociados e clientes de éstos.

3. Accións da campaña

- Promoción do comercio con “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”.
- Accións de street marketing con puntos informativos.

4. Establecementos adscritos

A empresa organizadora encargarase de informar e propor aos comercios de Narón, a adscrición á campaña.
A participación é voluntaria e gratuíta.
Os establecementos comerciais que desexen adherirse á campaña, poderán facelo ben a través de Internet (www.comerciodenaron.es) ou ben mediante chamada telefónica en horario comercial aos organizadores da campaña (607.391.660). Non existe unha data límite de adhesión á campaña (agás as correspondentes a algunha das accións), de tal maneira que os establecementos poderán facelo cando desexen. O feito de adherirse tarde perxudicará en última instancia ao propio establecemento, que non se verá beneficiado dende o inicio da mesma.
Poderá adherirse, por tanto, calquera comercio de Narón que o solicitou polos medios dispostos para ese efecto por parte da organización, e  sempre e cando esté considerado como pequeno comercio.
Os establecementos adheridos á campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”, terán nas súas fachadas ou escaparates un cartel identificativo. Así mesmo, no interior do establecemento comercial asociado, haberá unha urna, para depositar as papeletas de participación.

5. Participación

5. 1 Dereitos e Deberes nos comercios
Os clientes terán a súa disposición nos establecemos da campaña, unha serie de papeletas por compras superiores a 10 euros. Deberán cumprimentar esa papeleta e selala no establecemento. Por cada compra superior a 10 euros terán dereito a un selo. Unha vez cumprimentada e selada a papeleta, poderán depositala en calquer urna.
Para poder participar na campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre” é norma obrigada ter cumprida a maioría de idade e cumprimentar correctamente a papeleta. Non poderán cumprimentar papeletas os propietarios dos establecementos adheridos á campaña, nin o persoal de Eventi.

5.2 Protección de datos
É necesario precisar que, durante toda a campaña e ao termo da mesma, respectarase a Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, de maneira que os datos persoais depositados nas papeletas de participación, non serán utilizados para  outros fins distintos aos propios da campaña.
En canto aos datos dos establecementos participantes, permanecerán almacenados nunha base de datos da que é titular Eventi, podendo exercer o propietario dos datos, os dereitos de acceso, rectificación ou eliminación solicitando tal intervención por medio de correo postal dirixido á dirección de contacto de Eventi, acompañada de xustificante de identificación.

A organización poderá facer un seguimento e reportaxe gráfica do desenvolvemento da mesma, podendo utilizalos para fins divulgativos e na propia web.
O participante, polo feito de selo, coñece e consinte o uso dos seus datos persoais e a súa imaxe para os fins especificados.

6. Premios

6.1 Establécense até 25 premios:
-    Dous vales de compra de ata 500 euros cada un, a gastar en alomenos 3 dos establecementos participantes na campaña.
-    Dous vales de compra de ata 300 euros cada un, a gastar en alomenos 3 dos establecementos participantes na campaña.
Para a adxudicación destes premios realizarase un sorteo no Concello de Narón, entre tódalas papeletas de participación depositadas nas urnas durante a campaña.
O proceso de canxe do vale de compra ven especificado no punto 7 das presentes bases.
-    4 cestas de Nadal.  Cada semana sortearase un establecemento dos participantes. No establecemento elixido abrirase a urna e sortearase a cesta entre as papeletas depositadas. Posteriormente voltarase a pechar a urna xa que as papeletas non afortunadas seguirán participando no sorteo dos vales.
-    17 carros da compra con produtos, confeccionados pola Asociación de Comerciantes. Cada dia se elixirá un establecemento no que, ao día seguinte, persoal de organización se presentará para sortear entre as papeletas da urna, un dos carros de compra. O comerciante chamará no momento ao afortunado citándoo para o día, lugar e hora fixados para a entrega do carro. As papeletas non afortunadas voltarán á urna para participar no resto dos premios

6.2 Incidencias relativas aos premios, premiados e sorteos
Os premiados cos vales de compra serán avisados a través dalgunha das seguintes vías e na seguinte orde:
-    Mediante chamada telefónica.
-    A través da lista de gañadores publicada nos medios de comunicación.
-    Na propia web www.comerciodenaron.es
Neste sentido, é necesario precisar que, para contactar cos afortunados realizaranse até 3 chamadas telefónicas e enviaráselles 1 sms (no caso de teléfonos móbiles) notificándolles do premio. De non recibir unha resposta no prazo de 12 horas, procederase a contactar cos reservas (por orde de elección no sorteo) do mesmo xeito e coas mesmas condicións.
En caso de falsidade de datos na papeleta premiada, ou se estes correspondesen a un menor de idade, realizarase un novo sorteo no Concello de Narón, ante a presenza do Sr. Concellal de promoción Económica de Narón, un responsable de Eventi, e polo menos 2 testemuñas alleas a ambos.
A  Nivel interno (non se fará público): os comercios onde se sortee unha cesta ou un carro non poderán repetir neses sorteos, aínda que sí  participan as súas papeletas no sorteo dos vales.

7. Entrega e disfrute dos premios

As entregas dos vales de compra producirase no Concello de Narón.

Para o canxe dos vales, os premiados deberán persoarse na porta do Concello de Narón á hora acordada entre ambas as partes (Eventi e o premiado) onde lles esperará un responsable de Eventi e unha azafata; quenes os acompañarán a facer as compras.
Cada premiado disporá de medio día para facer as compras. No momento de comezar a ruta, o  premiado deberá de ter claro o percorrido a facer, de xeito que abonde o medio día para facer as compras. O importe corresponde ao premio haberá de gastarse en alomenos 3 establecementos a escoller de entre os adheridos á campaña.
A azafata será a encargada de facer os pagos de cada unha das compras, até o importe máximo do vale, e axudar no porte das mesmas. Se as compras superasen a cantidade máxima estipulada, a diferenza deberá ser abonada polo agraciado.

8.    Responsabilidade e Potestade

Eventi, como empresa organizadora da campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”, encárgase de todo o proxecto de campaña que engloba a idea creativa, a planificación, o desenvolvemento e a supervisión da mesma. Así mesmo, velará pola imparcialidade e a total transparencia en cada un dos premios e sorteos.
Calquera baleiro ou imprevisto nas bases da presente campaña, solventarase de común acordo entre o patrocinador (Concello de Narón) e  Eventi, cuxas decisións serán inapelables.
 Estas bases poderán ser obxecto de modificación de común acordo entre o patrocinador da campaña (Concello de Narón) e a empresa organizadora (Eventi) para liquidar imprevistos na mesma, sen que iso leve obrigación ou responsabilidade algunha con establecementos ou participantes.