Campaña de Nadal 2014: "Comercio de Narón, en Nadal e Sempre"

Un ano máis poñemos en marcha a campaña de promoción do pequeno comercio local, promovida pola Concellería de Promoción Económica do Concello de Narón e a Asociación de Comerciantes de Narón.

Nesta campaña poden participar tódolos pequenos comercios da cidade de Narón que se inscriban, independientemente de que perteñezan ou non á ACN. A participación é gratuita e únicamente obriga ao cumprimento das normas.

Premios:

Durante a campaña sortearanse, entre os clientes que fagan as súas compras nos comercios da campaña:

  • 17 carros de compra: 1 ao día.
  • 1 cesta de nadal á semana
  • 2 vales de compra de 500 euros cada un
  • 2 vales de compra de 300 euros cada un

Información a Comercios:

Pica na pregunta para desplegar a resposta:

Non hai un mínimo porque depende de cada tipo de comercio. O que recomendamos é que si a compra media de cada cliente teu é de 20 euros, entregues unha papeleta cando a compra supere ese importe promedio.
Vai a “Contacto” e no formulario pide máis papeletas. Tamén podes chamar, de luns a venres entre as 10:00-14:00h e 16:00-20:00h, ao 607 391 660 (ou podes mandar un whatsapp). Repoñemos tódolos mércores e venres.
Igual que na pregunta anterior. Pasaremos a recollela e cambiala por outra.
Cada día entre o 9 de Decembro e o 2 de Xaneiro (agás festivos) elixiremos por sorteo 1 comercio.
Avisaremos ao comercio elixido.
Presentarémonos no comercio ao día seguinte (agás sábados, domingos e festivos) a unha hora acordada e sortearemos 1 carro entre as papeletas da urna.
Tódalas papeletas voltan á urna para os outros sorteos finais.
O comerciante chamará ao cliente para darlle a boa nova e citalo para a entrega do carro que será, previsiblemente, no Concello.
Os días 11,18,24 e 31 faremos un sorteo entre tódolos comercios participantes.
Avisaremos ao comercio elixido.
Presentarémonos no comercio o 12,19,26 e 2 respectivamente a unha hora acordada e sortearemos 1 cesta entre as papeletas da urna.
O comerciante chamará ao cliente – si non está presente- para darlle a boa nova e citalo para entregarlle a cesta.
Tódalas papeletas voltan á urna para os outros sorteos finais.
Ten que ser un pequeno comercio e estar ubicado en Narón.
A inscripción é gratuita.
Primeiro le as Bases de Participación para coñecer as normas da campaña.
Unha vez leídas, cumprimenta este formulario. Unha vez o recibamos, os mércores ou venres seguinte, persoal de Eventi pasará a levar a urna, as papeletas e o cartel.

Información a Clientes: