Comercio de Narón

Bases da acción

Os comercios interesados en participar nesta acción, deberán inscribirse antes do día 19 de Decembro enviando correo electrónico con os seus datos (nome, nif, enderezo, tlf) a: nadal2011(arroba)comerciodenaron(punto)es

No momento de inscribirse, enviarán ata 3 fotografías do establecemento ou do persoal.

O día 19 farase pública a lista na web www.comerciodenaron.es, e no facebook de Eventi.

A ambientación pode ser dos escaparates, do interior do establecemento ou da indumentaria do persoal.
Persoal da organización poderá comprobar persoalmente a realidade das fotografías enviadas.

Na valoración do xurado tomaranse en conta os seguintes puntos:
- Orixinalidade
- Presentación visual xeral
- Estimulación á compra
- Dificultade

Premios:
1º premio: 200 euros
2º premio: 100 euros
3º premio: 50 euros
 

Para o concurso de ambientación de nadal, seguirase o seguinte criterio:

  • Por votos recibidos no facebook, sumados os recibidos polo total das fotos de cada establecemento: 3 puntos para o 1º establecemento con máis votos recibidos, 2 puntos para o 2º, 1 punto para o 3º.
  • Por valoración do Concellal de Promoción Económica do Concello: 3 puntos para o mellor valorado, 2 puntos para o 2º, e 1 punto para o 3º.
  • Por valoración do Alcalde de Narón: 3 puntos para o mellor valorado, 2 puntos para o 2º, e 1 punto para o 3º.
  • Por valoración dun decorador/decoradora totalmente alleo aos establecementos participantes: 3 puntos para o mellor valorado, 2 puntos para o 2º, e 1 punto para o 3º.
  • Por valoración de Eventi: 3 puntos para o mellor valorado, 2 puntos para o 2º, e 1 punto para o 3º.

Os votos do Facebook recolleranse o día 9 de Xaneiro. O voto dos membros do xurado recollerase previsiblemente o día 9 de Xaneiro.

Os 3 gañadores daranse a coñecer públicamente no sorteo de premios do día 12 de Xaneiro de 2011 que terá lugar no Concello de Narón, e serán publicados na web www.comerciodenaron.es.
Desta maneira, o día 12 de xaneiro de 2012 (ou o día 13 no caso de non poder o día 12), realizarase a entrega oficial de premios no Concello de Narón, onde se fará entrega aos premiados dos premios en metálico de 200€, 100€ e 50€ que corresponden respectivamente co primeiro, segundo e terceiro premio do concurso de ambientación de Nadal.
 

Eventi - © Comercio de Narón