Comercio de Narón

Bases da acción

Extracto Legal


1. Obxectivos da campaña “En Nadal, comercio de Narón”.

 

A presente campaña ten como obxectivo potenciar o pequeno comercio da localidade de Narón fronte á situación económica actual.
A través de dita iniciativa preténdese dotar ao pequeno comercio de Narón dunha imaxe comercial forte e dunha plataforma de impulso de vendas, que contribúan a paliar a crise latente e atraer o consumo de toda a comarca, dando ao mesmo tempo a coñecer a gran variedade de oferta existente. Ademáis, preténdese crear e promover un espíritu navideño e xerar ilusión e sentimentos positivos nos cidadáns e mesmo nos propios establecementos
Por outra banda e a través dos premios, preténdese dotar aos afortunados dun impulso ás súas economías.

 

2. Vixencia da campaña

 

A campaña “En Nadal, comercio de Narón”, ten unha duración limitada de 4 semanas abarcando do 12 de Decembro de 2011 ao 11 de Xaneiro de 2012 e desenvolverase nos establecementos adscritos á mesma; poidendo ser prorrogada de común acordo entre patrocinador (Concello de Narón) e a empresa xestora (Eventi).

 

3. Accións da campaña

 
A campaña dividirase en tres accións:
- Promoción do comercio con “En Nadal, comercio de Narón”.
- Un concurso de ambientación navideña, “Entra no Nadal en Narón”, dirixida ao comercio en xeral.
- Un concurso de tapas, “Saborea o Nadal en Narón”, dirixido ao sector da hostelería e restauración. (Pendente de Aprobación)

 

4. Establecementos adscritos

 

A empresa organizadora encargarase de informar e propor aos comercios de Narón, a adscripción á campaña.
A participación é voluntaria e gratuita.
Os establecementos comerciais que desexen adherirse á campaña, poderán facelo ben a través de Internet (www.comerciodenaron.es) ou ben mediante chamada telefónica en horario comercial aos organizadores da campaña (663.090.288). Non existe unha data límite de adhesión á campaña (agás as correspondentes a alguna das accións), de tal maneira que os establecementos poderán facelo cando desexen. O feito de adherirse tarde perxudicará en última instancia ao propio establecemento, que non se verá beneficiado dende o inicio da mesma.
Poderá adherirse, por tanto, calquera comercio de Narón que o solicitou polos medios dispostos para ese efecto por parte da organización, e sempre e cando esté considerado como pequeno comercio.
Os establecementos adheridos á campaña “En Nadal, comercio de Narón”, terán nas súas fachadas ou escaparates un cartel identificativo. Así mesmo, no interior do establecemento comercial asociado, haberá unha urna, para depositar as papeletas de participación.

 

5. Participación

 


5. 1 Dereitos e Deberes

 

Os clientes terán a súa disposición nos establecemos da campaña, una serie de papeletas por compras superiores a 10 euros. Deberán cumprimentar esa papeleta e sellala a lo menos en 3 establecementos distintos. Por cada compra superior a 10 euros terán dereito a un selo. Unha vez cumprimentada e selada a papeleta, poderán depositala en calquer urna.
Para poder participar na campaña “En Nadal, comercio de Narón” é norma obrigada ter cumprida a maioría de idade e cumprimentar correctamente a papeleta. Non poderán cumprimentar papeletas os propietarios dos establecementos adheridos á campaña, nin o personal de Eventi.

 

5.2 Protección de datos

 

É necesario precisar que, durante toda a campaña e ao termo da mesma, respectarase a Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, de maneira que os datos persoais depositados nas papeletas de participación, non serán utilizados para outros fins distintos aos propios da campaña.
En canto aos datos dos establecementos participantes, permanecerán almacenados nunha base de datos da que é titular Eventi, poidendo exercer o propietario dos datos, os dereitos de acceso, rectificación ou eliminación solicitando tal intervención por medio de correo postal dirixido á dirección de contacto de Eventi, acompañada de xustificante de identificación.

A organización poderá facer un seguimento e reportaxe gráfica do desenvolvemento da mesma, podendo utilizalos para fins divulgativos e na propia web.
O participante, polo feito de selo, coñece e consinte o uso dos seus datos persoais e a súa imaxe para os fins especificados.

6. Premios

 

Establécense até 12 premios divididos en tres accións:

 

6.1 Acción “En Nadal, comercio de Narón”.

 

a) Un primeiro premio consistente nunha vixe para dúas peroas no Tren Turístico de FEVE.

b) Un segundo premio consistente nun vale de compra de ata 1.000 euros, a gastar en alomenos 3 dos establecementos participantes na campaña.
Para a adxudicación destes dous premios realizarase un sorteo público o día 11 de Xaneiro de 2012, no Concello de Narón entre toda-las papeletas de participación depositadas nas urnas durante a campaña.
O proceso de canxe do vale de compra ven especificado no punto 7 das presentes bases.

c) 4 cestas de nadal. Cada martes farase un sorteo que decidirá en qué establecemento se fará o sorteo semanal. No establecemento elexido, farase o sábado (ou o venres si o establecemento non abre os sabados) o sorteo da cesta entre os clientes presentes.

 

6.2 Acción “Entra no Nadal en Narón”

 

Na valoración do xurado tomaranse en conta os seguintes puntos:
- Orixinalidade
- Presentación visual xeral
- Estimulación á compra
- Dificultade

Premios:
1º premio: 200 euros
2º premio: 100 euros
3º premio: 50 euros

 

6.3 Acción “Saborea o Nadal en Narón”.

 

Na valoración do xurado tomaranse en conta os seguintes puntos:
- Orixinalidade (presentación ambientada no Nadal)
- Presentación visual xeral
- Sabor
- Dificultade
- Prezo

Premios:
1º premio: 200 euros
2º premio: 100 euros
3º premio: 50 euros

 


6.4 Incidencias relativas aos premios, premiados e sorteos

 

Os premiados na campaña serán avisados o 11 de Xaneiro a través dalgunha das seguintes vías e na seguinte orde:
- Mediante chamada telefónica.
- A través da lista de gañadores publicada nos medios de comunicación.
- Na propia web www.comerciodenaron.es
Neste sentido, é necesario precisar que, para contactar cos afortunados realizaranse até 3 chamadas telefónicas e enviaráselles 1 sms (no caso de teléfonos móbiles) notificándolles do premio. De non recibir unha resposta no prazo de 24 horas, procederase a contactar cos reservas (por orde de elección no sorteo) do mesmo xeito e coas mesmas condicións.
En caso de falsidade de datos na papeleta premiada, ou se estes correspondesen a un menor de idade, realizarase un novo sorteo no Concello de Narón, ante a presenza do Sr. Concellal de promoción Económica de Narón, un responsable de Eventi, e polo menos 2 testemuñas alleas a ambos.

 

7. Entrega e disfrute dos premios

 

O día 12 de xaneiro de 2012 (ou o día 13 no caso de non poder o día 12), producirase a entrega do primeiro e segundo premios no Concello de Narón.

 

7.1 Primeiro premio

 

O afortunado có primeiro premio deberá acordar coa dirección de FEVE, coa intermediación do Concello de Narón ou ben de Eventi, as datas de disfrute do premio.

 

7.2 Segundo premio

 

No caso do vale de compra de até 1000€ a gastar nos comercios asociados á campaña; a entrega material terá lugar na tarde do mesmo día 12 (ou ben o día 13, si así se acorda).
O premiado deberá personarse na porta do Concello de Narón á hora acordada entre ambas as partes (Eventi e o premiado) onde lles esperará un responsable de Eventi e unha azafata; quenes o acompañarán a facer as compras durante a tarde. No momento de comezar a ruta, o premiado deberá de ter claro o percorrido a facer, de xeito que abonde a tarde para facer as compras. O importe corresponde ao premio (1.000 euros) haberá de gastarse en alomenos 3 establecementos a escoller de entre os adheridos á campaña.
A azafata será a encargada de facer os pagos de cada unha das compras, até o importe máximo de 1000€, e axudar no porte das mesmas. Se as compras superasen a cantidade máxima estipulada, a diferenza deberá ser abonada polo agraciado.

 

7.3 Terceiros premios

 

Para a entrega das cestas de nadal, tal e como se explicou no punto 6.1.c das presentes bases, unha vez determinado o establecemento, producirase un sorteo in situ entre os clientes alí presentes.
Deste xeito, á persoa que resulte afortunada faráselle entrega da correspondente cesta con produtos de nadal in situ e nese preciso momento.
Neste sentido é necesario precisar que ningún establecemento poderá ser designado en máis dunha ocasión.

 

7.4 Premios acción “Entra no Nadal en Narón”

 

Para o concurso de ambientación de nadal, seguirase o seguinte criterio:
- Por votos recibidos no facebook, sumados os recibidos polo total das fotos de cada establecemento: 3 puntos para o 1º establecemento con máis votos recibidos, 2 puntos para o 2º, 1 punto para o 3º.
- Por valoración do Concellal de Promoción Económica do Concello: 3 puntos para o mellor valorado, 2 puntos para o 2º, e 1 punto para o 3º.
- Por valoración do Alcalde de Narón: 3 puntos para o mellor valorado, 2 puntos para o 2º, e 1 punto para o 3º.
- Por valoración dun decorador/decoradora totalmente alleo aos establecementos participantes: 3 puntos para o mellor valorado, 2 puntos para o 2º, e 1 punto para o 3º.
- Por valoración de Eventi: 3 puntos para o mellor valorado, 2 puntos para o 2º, e 1 punto para o 3º.

Os votos do Facebook recolleranse o día 9 de Xaneiro. O voto dos membros do xurado recollerase previsiblemente o día 9 de Xaneiro. Os 3 gañadores daranse a coñecer públicamente no sorteo de premios do día 12 de Xaneiro de 2011 que terá lugar no Concello de Narón, e serán publicados na web www.comerciodenaron.es.
Desta maneira, o día 12 de xaneiro de 2012 (ou o día 13 no caso de non poder o día 12), realizarase a entrega oficial de premios no Concello de Narón, onde se fará entrega aos premiados dos premios en metálico de 200€, 100€ e 50€ que corresponden respectivamente co primeiro, segundo e terceiro premio do concurso de ambientación de Nadal.

 

7.5 Premios acción “Saborea o Nadal en Narón”. 

 

Para o concurso de tapas de nadal, seguirase o seguinte criterio:
- Por votos recibidos no facebook, sumados os recibidos polo total das fotos das tapas de cada establecemento: 3 puntos para o 1º establecemento con máis votos recibidos, 2 puntos para o 2º, 1 punto para o 3º.
- Por valoración do Concellal de Promoción Económica do Concello: 3 puntos para o mellor valorado, 2 puntos para o 2º, e 1 punto para o 3º.
- Por valoración do Alcalde de Narón: 3 puntos para o mellor valorado, 2 puntos para o 2º, e 1 punto para o 3º.
- Por valoración dun membro da Asociación de Hostalería ou, no seu lugar, dun profesional do sector, totalmente alleo aos establecementos participantes: 3 puntos para o mellor valorado, 2 puntos para o 2º, e 1 punto para o 3º.
- Por valoración de Eventi: 3 puntos para o mellor valorado, 2 puntos para o 2º, e 1 punto para o 3º.

Os votos do Facebook recolleranse o día 9 de Xaneiro. O percorrido dos membros do xurado farase ao longo da campaña, valorando cada establecemento en cada visita. Os 3 gañadores daranse a coñecer públicamente no sorteo de premios do día 12 de Xaneiro de 2011 que terá lugar no Concello de Narón, e na web www.comerciodenaron.com
Desta maneira, o día 12 de xaneiro de 2012 (ou o día 13 no caso de non poder o día 12), realizarase a entrega oficial de premios no Concello de Narón, onde se fará entrega aos premiados dos premios en metálico de 200€, 100€ e 50€ que corresponden respectivamente co primeiro, segundo e terceiro premio do concurso de tapas.


8. Responsabilidade e Potestade

 

Eventi Narón, como empresa organizadora da campaña “En Nadal, comercio de Narón”, encárgase de todo o proxecto de campaña que engloba a idea creativa, a planificación, o desenvolvemento e a supervisión da mesma. Así mesmo, velará pola imparcialidade e a total transparencia en cada un dos premios e sorteos.
Calquera baleiro ou imprevisto nas bases da presente campaña, solventarase de común acordo entre o patrocinador (Concello de Narón) e Eventi, cuxas decisións serán inapelables.
Estas bases poderán ser obxecto de modificación de común acordo entre o patrocinador da campaña (Concello de Narón) e a empresa organizadora (Eventi) para liquidar imprevistos na mesma, sen que iso leve obrigación ou responsabilidade algunha con establecementos ou participantes.
 

Eventi - © Comercio de Narón