En Nadal, comercio de Narón
Benvidos á nova campaña de apoio ao pequeno comercio de Narón que, patrocinada polo Concello de Narón, ponse en marcha neste nadal de 2011/2012. A campaña é totalmente gratuita para os pequenos comercios.
A campaña comprende tres accións:
- "En Nadal, comercio de Narón": dirixido a todo o pequeno comercio da localidade. Con tres premios en xogo: 1 vixe para dúas persoas no tren turístico de FEVE, 1000 euros a gastar en alomenos 3 dos comercios participantes, e o srteo dunha cesta de Nadal cada semana.
Máis Info +
- "Entra no Nadal en Narón": dirixido ao pequeno comercio. E un concurso de ambientación navideña. Pódense decorar escaparates, interiores e vestimenta.
Máis Info +
- "Saborea o Nadal en Narón": dirixido aos establecementos de hostalería. Consiste nun concurso de tapas coa temática navideña.
Máis info +
Obxectivos Xerais
- Identificación instantánea: Comercio de Narón = Vantaxes.
- Evitar a fuga do consumo cara a outras localidades
- Conseguir un aumento das vendas e de novos clientes en xeral; pero de maneira específica no período do Nadal.
- Conseguir que a campaña e a súa publicidade, cheguen non só aos clientes actuais e ao público obxectivo, senón tamén a unha maior cantidade de clientes potenciais. En definitiva, conseguir un maior número de impactos, tanto no caso de clientes actuais, como no de clientes potenciais.
Obxectivos Clave
- Mellorar a proxección do pequeno comercio de Narón, dotándoo dunhas vantaxes e oportunidades atraentes non só para o pequeno comercio senón tamén para outros sectores afíns.
- Optimizar o investimento en medios mediante a realización dunha campaña conxunta con máis forza de impacto que outro tipo de campañas individuais.
- Captación e fidelización de clientes.
- Promover a mellora da imaxe dos establecementos, xerando ilusión e achegando solucións creativas.
- Reactivar o consumo.
- Axudar ás economías familiares por medio de premios de utilidade
Colaboran:




Patrocina: Concellalía de Promoción Económica
